miércoles, 9 de octubre de 2013

COMO VIVIREMOS EN 2036

http://www.youtube.com/watch?v=HlxgLsq0HvA



A aceleración dos cambios deste tempo fan difícil de imaxinar un futuro que seguro será tan diferente coma se tivesen pasado varios séculos: sobrevida de séculos, medioa ambiente, enerxía, convivencia, pobreza, ciencia e tecnoloxía. Un excelente documental de Documentos TV: de @rtve sobre como viviremos en 2036 e os desafíos que deberemos enfrontar para chegar a esa data.
Contan as previsións que para 2036 seremos uns 8.000 millóns de habitantes na Terra, 53 millóns en España. Os nenos que nacen hoxe nos países desenvolvidos vivirán cen anos. Consumiremos un 50 por 100 máis de enerxía. A metade dos coches serán eléctricos. As enfermidades hereditarias deixarán de selo. O superacelerador de partículas terá reproducido un Big Bang completo. A comida chegará ás casas 'intelixentes' lista para consumir. E quen non estea na rede, non existirá.Cambiando a toda velocidade.

Os antropólogos din que os cambios se están a producir a tal velocidade que todo pode acontecer no próximo cuarto de século. "Nun futuro levaremos sensores na solapa da chaqueta e medirannos todos os nosos parámetros vitais", asegura Ricardo Ibarra, director do Instituto de Nanociencia de Aragón.
'Nestes momentos, un dos principais obxectivos está na Lúa e en Marte', di Pedro Pérez-Zapardiel, director da estación da NASA enRobledo de Chavela, onde se recollen os sinais das sondas que percorren a vía láctea en busca de planetas similares á Terra.
Materias primas e sobreexplotación
Javier Solana: podemos ter un plan B, o que non temos é un planetaB
Un dos puntos máis preocupantes cando se pensa no futuro son as materias primas e a sobreexplotación destas. "Estamos a consumir recursos a uns niveis e a un ritmo frenético e, desgraciadamente, iso non pode seguir así", advirte o xeólogo-oceanógrafo Adolfo Uriarte.
Para Javier Solana, ex Alto Representante para a Política Exterior e de Seguridade Común da Unión Europea, a preservación do noso planeta e todo o referente ao cambio climático é un desafío global fundamental para o futuro que esixe medidas inmediatas "Porque non hai máis que un planeta. Podemos ter un plan B, o que non temos é un planeta B".
Malos presaxios e bos propósitos
O futuro adivíñase superpoboado, interconectado, envellecido, máis asiático, máis seco...

'Destino 2036' propón unha viaxe a un futuro, para moitos, incerto. Unha ruta marcada de malos presaxios e bos propósitos. Os expertos coinciden en que hai evidencias en todos os campos de que estamos nunha situación moi complexa. "Fixemos cousas mal e por iso en vinte ou vinte e cinco anos poderiamos sufrir un colapso da especie" augura Eudald Carbonell, codirector de escavacións deAtapuerca.
Non obstante, tamén haberá grandes avances na investigación contra certas enfermidades, roupas intelixentes que hidraten a pel e acheguen as vitaminas necesarias ou deseños de prótese e implantes cunhas expectativas espectaculares.
O documental 'Destino 2036' demostra que en tempos de incerteza, é cando o ser humano máis se pregunta polo porvir. E o mundo no que se somerxe nesa mirada ao futuro, está superpoboado, interconectado, envellecido, é máis asiático, máis seco e con avances científicos e tecnolóxicos que apenas podemos imaxinar.

Mentres tanto, segundo algunhas previsións astronómicas, un grande asteroide, chamado Apophis, pasará moi preto da Terra en 2036. E hai quen sostén que impactará con ela.

INGENIOS ESPACIALES TECNOLOGIA PUNTA

http://www.youtube.com/watch?v=8rluh0Tk79g