jueves, 14 de noviembre de 2013

A IDADE DO UNIVERSO

O equipo da sonda da NASA Wilkinson Microwave Anisotropy Probe(WMAP), puido realizar a primeira detección de helio pre - estelar, podendo así determinar hai cantos anos se produciu en Big Bang e por ende saber a idade aproximada do Universo.

Logo de ma dun ano de traballo os científicos puideron capturar a luminiscencia do Big Bang, denominada "fondo cósmico de microondas".

O comunicado de prensa emitido pola NASA cando se informou do descubrimento dicía:

A luz que vemos hoxe en día, como o fondo cósmico de microondas, viaxou por máis de 13 millóns de anos para chegar ata nós.
É dicir que a investigación permitiu determinar a idade do Universo nuns 13.7 mil millóns de anos (cunha porcentaxe moi pequena de erro) e coñecer que a materia escura constitúe o 23,3% deste e a enerxía escura, o 72%.

A partir dos resultados das investigacións o equipo de científicos deWMAP realizou unha liña de tempo do Universo que é a que se ve na imaxe a continuación.

   Descubrimientos-científicos-recientes-4.jpg

No hay comentarios:

Publicar un comentario