miércoles, 29 de enero de 2014
Descobren que en Saturno a auga chove dende os aneis
Un estudo realizado pola Universidade de Leicester (Reino Unido), detectou que a auga que existe na atmosfera de Saturno procede dos seus aneis, dende onde cae como chuvia. Na investigación, financiado pola NASA e publicado en Nature, determinouse tamén que este líquido flúe por moitas máis zonas do planeta das que cría e, ademais, que inflúe na composición, a estrutura e a temperatura da atmosfera. Saturno é o primeiro planeta en mostrar unha interacción significativa entre a súa atmosfera e o seu sistema de aneis El autor principal do estudo, James O'Donoghue, sinalou que "saturno é o primeiro planeta en mostrar unha interacción significativa entre a súa atmosfera e o seu sistema de aneis". Segundo explicou, "o principal efecto da chuvia que cae dos aneis é que actúa para 'apagar a ionosfera de Saturno'. "Noutras palabras, esta chuvia reduce as densidades de electróns nas rexións nas que cae", apuntou. O'Donoghue explicou que este efecto na densidade de electróns é importante porque explica por que, durante moitas décadas, as observacións detectaron densidades inusualmente baixas en certas latitudes de Saturno. O estudo tamén axuda aos científicos a entender mellor a orixe e evolución do sistema de aneis de Saturno e os cambios na atmosfera do planeta. "Un importante motor do ámbito e o clima da ionosfera de Saturno, a través de vastas extensións do planeta, son partículas dos aneis situados a 200.000 quilómetros", explicou outro dos autores do traballo, Kevin Baines. A principios de 1980, as imaxes da nave Voyager da NASAmostraban de dous a tres bandas escuras en Saturno e os científicos teorizaron que a auga podería ter caído nelas dende os aneis. Esas bandas non se volveron ver ata o ano 2011. Agora, as observacións realizadas co telescopio Keck II (Hawai), demostraron esa interacción entre os aneis de Saturno e a ionosfera.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario