miércoles, 18 de diciembre de 2013

NANOMÍSILES TELEDIRIXIDOS CONTRA O CANCRO

Nas súas orixes, a quimioterapia conseguía curar algúns pacientes de cancro intoxicándoos e levándoos ao bordo da morte. Co tempo, os investigadores lograron que a toxicidade dos tratamentos se centre máis nas células cancerosas e dane menos as células sas. O invento que mereceu este ano o premio na categoría de investigación foi a tecnoloxía desenvolvida por Patrick Couvreur e o seu equipo na Universidade París Sur e o Centro Nacional de Investigacións Científicas para crear nanomísiles teledirixidos contra o cancro.

Os investigadores franceses lograron empaquetar os fármacos dentro de cápsulas diminutas (70 veces menores que un glóbulo vermello) e biodegradables que permiten transportalos a través do torrente sanguíneo de forma segura ata que chegan ao seu obxectivo. Segundo explica a EPO, este enfoque minimiza o dano provocado polo medicamento no tecido san e permite aplicar doses maiores de forma localizada que poden incrementar ata dez veces a eficacia da quimioterapia. O mercado deste tipo de produtos estímase en máis de 55.000 millóns de euros ao ano.

En Marte hubo un río

non dos obxectivos de Curiosity neste ano foi estudar a presenza de auga en Marte, como primeiro paso para determinar se existiu a vida neste planeta.

É pronto aínda para saber se houbo vida, pero non para saber que, efectivamente, si houbo auga. Isto era un dato xa coñecido polos científicos, pero un mes despois da súa chegada, Curiosity enviou probas de ter encontrado o leito dun río, seco dende hai séculos, pero río á fin e ao cabo. Por primeira vez, hai evidencias de que a auga corría pola superficie do planeta.
Entre outros factores, a clave do descubrimento foron as pedras redondeadas encontradas na superficie. A súa forma sinalaba que sufriran a erosión por rozamento durante anos, mentres que o seu tamaño de varios centímetros probaba que esa erosión non podía terse producido pola acción do vento. Algo con máis forza -como a auga- tiña que telas arrastrado e féitose rodar.

O equipo que analiza a información enviada por Curiosity concluíu que nesa zona debeu correr hai séculos un río cunha profundidade aproximada dun metro. Dese suposto torrente de auga, xa só queda o camiño que seguía.

A Lúa é poeirenta, pegañenta e abrasiva

Darse un paseo pola Lúa non é tan idílico como nos mostran as fotos dos astronautas do programa Apolo. O po que se encontra na superficie lunar é un material abrasivo, pegañento e pouco saudable para respirar.

Un equipo anglo-francés de científicos modelaron como este po afectará aos vehículos rover que enviemos de novo á superficie lunar (axencias espaciais de todo o mundo teñen plans para continuar a exploración da Lúa nas próximas dúas décadas), e cren que existe un grave risco de que rovers que se movan arredor da saída e o solpor poidan quedar envolvidos en po.

O traballo foi presentado na última Reunión Nacional de Astronomía que se celebra en St. Andrews (Reino Unido). Os principais problemas asociados co molesto po son a súa abrasividade, a adherencia ás roupas e os equipos, a redución da visibilidade e o efecto sobre a saúde humana da inhalación das partículas de po. Os astronautas descubriron que o po se pegaba a todos os materiais, algo que podería ser fatal se dana sistemas de soporte vital.

ADEUS AOS DENTISTAS

DESCUBRIMENTOS CIENTIFICOS (14 Novembro 2013) "Adeus aos dentistas: descobren unha bacteria capaz de evitar a carie"..Científicos españois descubriron unha bacteria capaz de previr un problema dental que afecta case ao 90% da poboación do planeta: a caries.

DESCUBRIMIENTOS CIENTIFICOS (14 Nov 2013) ||||| "Adiós a los dentistas: descubren una bacteria capaz de evitar la caries" ..Científicos españoles han descubierto una bacteria capaz de prevenir un problema dental que afecta casi al 90% de la población del planeta: la caries. ..

miércoles, 11 de diciembre de 2013

A TERAPIA XENÉTICA

Se un xene dá problemas, ou simplemente non se encontra no noso xenoma, podemos inserir unha copia funcional e eliminar os síntomas da enfermidade (especialmente, se é hereditaria). A idea non é nova o primeiro tratamento con terapia xénica realizouse en 1990, pero os avances máis prometedores producíronse na última década. Está aínda en fase de desenvolvemento, pero en 2008 aplicouse con éxito na Universidade de Pennsylvania para tratar unha cegueira conxénita chamada amaurose de Leber e tamén podería combater aadrenoleucodistrofia, a periodontite, a hemofilia.
La Terapia Genética

Un viúvo alega a 'mala fe' dos seus cuñados para desherdalo

a herdanza de 385.927 euros mantén enfrontados a oito irmáns co seu cuñado dende 2010, data na que este último, Camilo Váquez, os denunciou por estafa procesual. A querela fai referencia á conivencia entre Baptista, Manuel, Castor, Consolo, Eladio, Antonio,José e Julio Fernández Ferro para que o xuíz de Celanova os declarase herdeiros universais da súa irmá Olimpia, sen advertir ao togado que a finada, viúva do seu primeiro marido, contraera segundas nupcias o 8 de xaneiro de 2000.
estafa (agravada polo prexuízo económico causado),así como a nulidade do auto que declara herdeiros aos acusados.

Estes últimos, alegan que reclamaron o patrimonio da súa irmá porque a voda celebrada no Santuario do Cristal, en Vilanova dous Infantes, á que estiveron invitados tres deles, fora un 'paripé', unha especie de 'unión de feito' para acalar faladurías, alegando, así mesmo, que non constaba no Rexistro Civil (o matrimonio inscribiuse cando Olimpia Fernández Ferro xa morrera e non antes para que ambos os dous seguisen cobrando as súas respectivas pensións ). Pero onte o cura Antonio Gómez deixou claro que casou a Camilio eOlimpia ante os ollos da Igrexa católica e 4 o invitados. Precisamente, a estratexia pola que os inculpados cuestionaron a validez do casamento fala, segundo o letrado da acusación particular, da 'mala fe' por parte dos inculpados para 'enganar o xuíz, ocultándolle o matrimonio e así prexudicar os dereitos hereditarios do cónxuxe'. A fiscal, pola súa banda, aprecia unha 'intencionalidade maliciosa'.

A representante do ministerio público e a letrada da defensa interpretan de forma distinta o Código Civil. Para a primeira, o viúvo é o lexítimo herdeiro porque 'só se perde o dereito a herdar con sentenza de separación firme e cando conste separación nun documento fidedigno de mutuo acordo'.

Pero, segundo a letrada da defensa, o artigo 945 introduciu unha modificación en 2005 no que se contempla a opción da 'separación de feito', cando cesa a convivencia por vontade dun ou de ambos os dous cónxuxes. Para acreditalo chamou a declarar a toda unha batería de testemuñas -veciños, amigos da falecida, a súa perruqueira... - e demostrar que Camilo e Olimpia xa non eran parella. Todo iso co fin último de evidenciar que os acusados obraron de forma lexítima á hora de invocarse como herdeiros xa que 'o viúvo perdera os dereitos sucesorios', e que a súa actuación non ten transcendencia penal.
En escena irrompeu onte outra testemuña, Paco Cid, quen dixo que mantivera unha relación sentimental con Olimpia de nove meses, aínda que a fixeron pública tres antes de morrer. 'Ela nunca me falou de Camilo como o seu marido pero si do seu primeiro esposo', comentou onte.
Varios vecinos 'puerta con puerta', tal como se identificaron, alegaron que el matrimonio había roto al menos un año antes del fallecimiento. Alguno, incluso, le puso fecha: 'Lo dejaron cuando la difunta en agosto de 2008 pidió auxilio porque la estaba maltratando'.

El viudo abandona el estrado tras declarar en presencia de sus cuñados (derecha).  (Foto: MIGUEL ÁNGEL)

As protestas policiais esténdense por Arxentina mentres o Goberno pide paz

A bóla das protestas policiais en Arxentina non para de crecer. E con ela, o drama dos saqueos e as mortes. Hai unha semana os axentes da provincia de Córdoba extorsionaron as autoridades ao negarse a saír dos cuarteis ata que non lles subisen o soldo. E a cidade, a 700 quilómetros de Bos Aires, quedou en mans dos saqueadores. O gobernador peronista de Córdoba, José Manuel de la Sota, enfrontado ao Goberno peronista de Cristina Fernández, menosprezou o problema. Á súa vez, o Goberno de Fernándezcometeu o erro de non lle enviar reforzos ao seu rival político ata que De la Sota non o pedise polo conduto regulamentario. A consecuencia de toda esa cadea de erros, a cidade de 1,2 millóns de habitantes quedou durante 35 horas no medio do caos, morreu unha persoa e decenas resultaron feridas. Finalmente, De la Sotaoutorgou aos policías case todo o que esixiron. O salario básico pasou da miseria dos seus 6.000 pesos (uns 500 euros no mercado extraoficial) a multiplicarse por dous. Os policías e o gobernador mostráronse sorrintes tras o acordo. Pero o problema só acababa de empezar para o resto do país.

En menos de dous días os policías de cinco provincias arxentinas comezaron a esixir aumentos con parecidos métodos de forza. Conforme algúns gobernadores accedían aos seus reclamos noutras provincias acuartelábanse outros axentes. En menos dunha semana producíronse decenas de saqueos en provincias como o Chaco,Tucumán, Jujuy, Entre Ríos ou Santa Fe. O luns pola mañá xa se contaban oito mortos. A maioría deles eran asaltantes de comercio. Pero tamén faleceu asfixiado o propietario chinés dun local en Glewe morreu baleado un subcomisario no Chaco. A mecha das protestas estendérase por 17 provincias. En moitas delas os gobernadores aumentaron os soldos e os axentes depuxeron a súa actitude. Pero en sete aínda non se chegara a ningún acordo o luns pola tarde.

O gran temor do Goberno é que os saqueos cheguen ao Gran Bos Aires, a periferia da capital, onde se concentra as maiores bolsas de pobreza do país. Para evitar o contaxio, o gobernador de Bos Aires,Daniel Scioli, adiantou a paga extra de Nadal a medio millón de empregados públicos e decretou un aumento de soldo para os policías de case o dobre nos seus salarios mínimos. Pasarán dos 4.700 pesos mensuais (390 euros se se cambian no mercado negro, o único onde se poden conseguir euros) aos 9000 (750). Os policías bonaerenses quedan por debaixo dos seus compañeiros de Córdoba, pero de momento parece que a maioría se conforma. En calquera caso, o Goberno decidiu reforzar con xendarmes nacionais a vixilancia dos supermercados da periferia bonaerense.

O gobernador José Manuel de la Sota acudiu o martes á Casa Rosada para entrevistarse co Xefe de Gabinete, Jorge Capitanich. Intentaron ofrecer unha mensaxe de unidade. "Quero pedir desculpas aos cordobeses, que seguramente esperaban moito máis de nós, do Goberno nacional, da policía, e dos propios veciños que participaron da pillaxe", admitiu De la Sota. " (Era) impensable para calquera gobernante que esta reclamación salarial derivaba nesta situación que se vive nas provincias. (...) Se rompeu o contrato social", engadiu.

Os saqueos e asasinatos sucedíanse mentres o Goberno cortaba o tráfico de centro de Bos Aires para festexar o martes 10 de decembro os 30 anos de Goberno en democracia, dende que asumiu o seu mandato o dirixente da Unión Cívica Radical Raúl Alfonsín. A presidenta Cristina Fernández, que reduciu de forma tallante as súas aparicións en público dende que lle foi operada dun hematoma cranial e lle descubriron unha arritmia no corazón, previra pronunciar un discurso na Casa Rosada. O Goberno organizou un concerto na Praza Maior coa actuación de grandes artistas locais como León Gieco, a selección nacional de Tango, Cacho Castaña e Adriana Varela. Invitárase aos catro expresidentes -Carlos Menem, Fernando De la Rúa, Adolfo Rodríguez Saá, Eduardo Duhalde- e aos familiares de Raúl Alfonsín. Todo estaba programado para enxalzar os valores que fixeron posible -a pesar de todos os pesares- a convivencia pacífica entre arxentinos. E de pronto, coouse na festa o fantasma dos saqueos.

El alcalde de Buenos Aires, el conservador Mauricio Macri, indicó que se deberían haber postergado los festejos. El diputado opositor Ricardo Alfonsín, hijo del primer presidente de la democracia, también pidió que se aplazara la fiesta. Y el gobernador peronista del Chaco, Juan Carlos Bacileff Ivanoff, aclaró que iba a asistir a la Casa Rosada porque la presidenta se lo pidió “personalmente", aunque advirtió de que no tenía ganas de "festejar nada".
O alcalde de Bos Aires, o conservador Mauricio Macri, indicou que se deberían ter postergado os festexos. O deputado opositor Ricardo Alfonsín, fillo do primeiro presidente da democracia, tamén pediu que se aprazase a festa. E o gobernador peronista do Chaco, Juan Carlos Bacileff Ivanoff, aclarou que ía asistir á Casa Rosada porque a presidenta llo pediu "persoalmente", aínda que advertiu de que non te ganas de "festexar nada".

Finalmente, a festa celebrouse. E Cristina Fernández asegurou no seu discurso de conmemoración dos 30 anos que os saqueos foron planificados. "Eu non son inxenua. Non creo nas casualidades. Tampouco creo nos feitos que se xeran por contaxio, porque por contaxio son as papeiras ou as varíolas," sinalou. "Sempre son en decembro (os saqueos), parece que o contaxio ten data moi precisa. A presidenta engadiu que os asaltos se executaron con "precisión cirúrxica".

Os saqueos remiten ao peor da historia recente arxentina, a aquel decembro de 2001 en que as rúas de Bos Aires se poboaron de cidadáns que berraban "Que se vaian todos". O Goberno cre que o feito de que os saqueos coincidan coa conmemoración dos 30 anos indica que se pretende desestabilizar o Goberno. Pero o certo é que os reclamos dos axentes afectaron tanto ás provincias gobernadas pola oposición coma a outras en mans de kirchneristas. E só piden máis diñeiro.