a herdanza de 385.927 euros mantén enfrontados a oito irmáns co seu cuñado dende 2010, data na que este último, Camilo Váquez, os denunciou por estafa procesual. A querela fai referencia á conivencia entre Baptista, Manuel, Castor, Consolo, Eladio, Antonio,José e Julio Fernández Ferro para que o xuíz de Celanova os declarase herdeiros universais da súa irmá Olimpia, sen advertir ao togado que a finada, viúva do seu primeiro marido, contraera segundas nupcias o 8 de xaneiro de 2000.
estafa (agravada polo prexuízo económico causado),así como a nulidade do auto que declara herdeiros aos acusados.
Estes últimos, alegan que reclamaron o patrimonio da súa irmá porque a voda celebrada no Santuario do Cristal, en Vilanova dous Infantes, á que estiveron invitados tres deles, fora un 'paripé', unha especie de 'unión de feito' para acalar faladurías, alegando, así mesmo, que non constaba no Rexistro Civil (o matrimonio inscribiuse cando Olimpia Fernández Ferro xa morrera e non antes para que ambos os dous seguisen cobrando as súas respectivas pensións ). Pero onte o cura Antonio Gómez deixou claro que casou a Camilio eOlimpia ante os ollos da Igrexa católica e 4 o invitados. Precisamente, a estratexia pola que os inculpados cuestionaron a validez do casamento fala, segundo o letrado da acusación particular, da 'mala fe' por parte dos inculpados para 'enganar o xuíz, ocultándolle o matrimonio e así prexudicar os dereitos hereditarios do cónxuxe'. A fiscal, pola súa banda, aprecia unha 'intencionalidade maliciosa'.
A representante do ministerio público e a letrada da defensa interpretan de forma distinta o Código Civil. Para a primeira, o viúvo é o lexítimo herdeiro porque 'só se perde o dereito a herdar con sentenza de separación firme e cando conste separación nun documento fidedigno de mutuo acordo'.
Pero, segundo a letrada da defensa, o artigo 945 introduciu unha modificación en 2005 no que se contempla a opción da 'separación de feito', cando cesa a convivencia por vontade dun ou de ambos os dous cónxuxes. Para acreditalo chamou a declarar a toda unha batería de testemuñas -veciños, amigos da falecida, a súa perruqueira... - e demostrar que Camilo e Olimpia xa non eran parella. Todo iso co fin último de evidenciar que os acusados obraron de forma lexítima á hora de invocarse como herdeiros xa que 'o viúvo perdera os dereitos sucesorios', e que a súa actuación non ten transcendencia penal.
En escena irrompeu onte outra testemuña, Paco Cid, quen dixo que mantivera unha relación sentimental con Olimpia de nove meses, aínda que a fixeron pública tres antes de morrer. 'Ela nunca me falou de Camilo como o seu marido pero si do seu primeiro esposo', comentou onte.
Varios vecinos 'puerta con puerta', tal como se identificaron, alegaron que el matrimonio había roto al menos un año antes del fallecimiento. Alguno, incluso, le puso fecha: 'Lo dejaron cuando la difunta en agosto de 2008 pidió auxilio porque la estaba maltratando'.
No hay comentarios:
Publicar un comentario