Un equipo anglo-francés de científicos modelaron como este po afectará aos vehículos rover que enviemos de novo á superficie lunar (axencias espaciais de todo o mundo teñen plans para continuar a exploración da Lúa nas próximas dúas décadas), e cren que existe un grave risco de que rovers que se movan arredor da saída e o solpor poidan quedar envolvidos en po.
O traballo foi presentado na última Reunión Nacional de Astronomía que se celebra en St. Andrews (Reino Unido). Os principais problemas asociados co molesto po son a súa abrasividade, a adherencia ás roupas e os equipos, a redución da visibilidade e o efecto sobre a saúde humana da inhalación das partículas de po. Os astronautas descubriron que o po se pegaba a todos os materiais, algo que podería ser fatal se dana sistemas de soporte vital.

No hay comentarios:
Publicar un comentario