É pronto aínda para saber se houbo vida, pero non para saber que, efectivamente, si houbo auga. Isto era un dato xa coñecido polos científicos, pero un mes despois da súa chegada, Curiosity enviou probas de ter encontrado o leito dun río, seco dende hai séculos, pero río á fin e ao cabo. Por primeira vez, hai evidencias de que a auga corría pola superficie do planeta.
Entre outros factores, a clave do descubrimento foron as pedras redondeadas encontradas na superficie. A súa forma sinalaba que sufriran a erosión por rozamento durante anos, mentres que o seu tamaño de varios centímetros probaba que esa erosión non podía terse producido pola acción do vento. Algo con máis forza -como a auga- tiña que telas arrastrado e féitose rodar.
O equipo que analiza a información enviada por Curiosity concluíu que nesa zona debeu correr hai séculos un río cunha profundidade aproximada dun metro. Dese suposto torrente de auga, xa só queda o camiño que seguía.

No hay comentarios:
Publicar un comentario