Ronnie Biggs, un dos máis notorios criminais do Reino Unido e coñecido polo seu papel no famoso asalto ao tren de Glasgow de 1963, morreu o mércores aos 84 anos, informou o seu voceiro.
Biggs gañou notoriedade hai 50 anos como integrante dunha banda de 15 membros que conseguiu deter un tren nocturno da Royal Mail(o tren postal) tras manipular os sinais ferroviarios.
Ao final, o grupo de ladróns conseguiu 2,6 millóns de libras (4,2 millóns de euros), o que equivale a uns 40 millóns de libras en diñeiro de hoxe.
Biggs foi atrapado despois do roubo e recibiu unha sentenza de cárcere de 30 anos, pero escapou do cárcere e pasou 36 anos fuxido. Lonxe de esconderse, levaba unha vida de playboy en América do Sur.
Finalmente, entregouse á policía británica en 2001, pero foi indultado e posto en liberdade en 2009 por motivos de saúde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario