A través do estudo de meteoritos, científicos afirman que os volcáns inundaron Marte de auga.
Segundo os científicos, Marte podería ter verdadeiros océanos de auga baixo terra.
O descubrimento suxire que antigas erupcións volcánicas poderían ter enchido Marte de auga, creando un hábitat favorable á vida tal e como a coñecemos.
Segundo parece, os meteoritos de Marte conteñen sorprendentes cantidades de minerais hidratados, que incorporan auga nas súas estruturas cristalinas.
Os autores do estudo calculan que o manto do planeta contén entre 70 e 300 partes por millón de auga, abondo para cubrir o planeta de líquido entre 200 e 1.000 metros.
«Estamos a falar de mesmo máis auga da que contén o manto superior da Terra», afirma o director do estudo Francis McCubbin, da Universidade de Novo México, en Albuquerque.
E se aínda hai auga no manto marciano, significa que probablemente había moita no seu interior cando se formou o planeta.
«Despois de todo, non temos que depender de fontes de auga como cometas ou asteroides», engade McCubbin.
De ser así, é probable que aconteza o mesmo con outros planetas rochosos, como Mercurio, Venus e a Terra, ou algúns asteroides de gran tamaño.
«A Terra non é única», afirma McCubbin. «Deberiamos encontrar auga en case todo o Sistema Solar».
Erupcións volcánicas
O equipo de McCubbin encontrou auga ao analizar os meteoritos que chegaron á Terra expulsados de Marte por impactos de asteroides.
Estes meteoritos son basálticos (conteñen basalto), o que significa que deberon formarse a partir de magmas profundos que alcanzaron a superficie tras erupcións volcánicas.
Ao examinar coidadosamente un mineral chamado apatita, os científicos encontraron ións de hidroxilo, unha forma de auga que contén un átomo de osíxeno ligado a un átomo de hidróxeno.
A presenza de hidroxilo significa que a auga estándar (un átomo de osíxeno e dous de hidróxeno) tamén estaba presente no magma marciano. Non obstante, debido a que o hidroxilo está máis unido á rocha que a auga normal, os ións quédanse atrás cando o resto da auga sae expulsada da lava.
Según McCubbin, a partir de la cantidad de hidroxilo de los meteoritos es posible saber cuánta agua hay en el interior de Marte.
«Utilizamos a apatita como un densímetro para rexistrar a cantidade de auga que había na rocha antes de gasificarse, afirma. Por exemplo, estudos similares da apatita lunar en 2010 descubriron que o interior da lúa era cen veces máis húmido do que se pensaba.
Ademais, os meteoritos examinados procedían de basaltos moi novos, de entre 150 e 350 millóns de anos, o que significa que probablemente todas as grandes erupcións de Marte ao longo da súa historia levaron auga á superficie, incluíndo as erupcións que tiveron lugar durante o chamado período de Noé, cando o planeta era tan quente como para conter auga en estado líquido na superficie.
Igualmente, é posible que erupcións máis recentes creasen zonas que fosen temporalmente favorables á existencia de vida.
«Isto converte as rexións volcánicas nas máis prometedoras á hora de buscar vida pasada en Marte», conclúe McCubbin.

No hay comentarios:
Publicar un comentario